A BUSCA EN GOOGLE.

log

Quizais o primeiro reto co que nos atopamos neste mundo das TIC sexa a necesidade de artellar unhas estratexias de busca de información para non perdernos na inmensidade de resultados que pode aloxar procurar un simple concepto en google.

O máis habitual é que, tras teclear o elemento sobre o que queremos información, non vaiamos máis aló dos primeiros tres ou catro rexistros. Parellamente enfrontámonos á incómoda cuestión da fiabilidade das fontes que nos están a ofertar os resultados.



Titoriais para optimizar a busca en google e valorar a fiabilidade das fontes



  • Actividade práctica: Trabagoogle.
· Traballemos agora a busca en Internet a través dos trabagoogle, xogos de busca* na que deberás seguir un camiño para chegar á resposta final. Unha vez que lle collas o truco a este sistema, anímate a facer ti os teus popios trabagoogle.


I.- O cartógrafo Gerardus Mercator, que da nome a unha das proxeccións máis famosas da historia, naceu no mesmo ano no que se remataba unha das obras mestras da pintura renacentista. O autor desa obra comparte ano de nacemento cun personaxe histórico falecido en 1519 e que pasou a historia coma o primeiro europeo en ver algo...

¿Que é o que viu ese personaxe histórico?



II.- O poeta portugués máis importante do século XX xamais recibiu o Premio Nobel e pasou a súa infancia en Sudáfrica. Nun dos seus poemas máis famosos, que podería traducirse coma "estanco" despídese nos últimos versos dun tendeiro. O apelido do tendeiro, case sen variacións, é compartido por unha saga de actores estadounidenses, cuxo patriarca exerceu de protagonista nunha das películas bélicas máis famosas da historia e é fillo de galego emigrado. Este actor naceu nunha cidade famosa polo acordo de paz que alí se asinou.

¿De que conflito estamos estamos a falar?


* O propio google fai todos os días unha dinámica similar, en inglés, chamada A google a Day.
Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:56