Logo Audacity

Audacity é un programa multiplataforma libre e de código aberto que se usa para gravar e editar sons.Permite gravar en tempo real e editar arquivos en diferentes formatos de audio (mp3, wav, ogg Vorbis, etc.), converter arquivos entre diferentes formatos, importar arquivos, agregar múltiples efectos sonoros, facer mesturas, etc.

Para exportar os arquivos en formato mp3 precísase o codificador LAME, descargábel neste sitio.

Audacity ofrece a configuración en lingua galega e, así mesmo, unha versión portábel que non precisa ser instalada no computador posto que funciona dende unha memoria USB.

Temos á nosa disposición manuais en lingua galega, tanto en pdf (Rosa Quinteiro Rendo) e en (Xacobo de Toro).

from Xacobo de Toro on Vimeo.

Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:56