Se tes o costume de entregar os teus traballos ou artigos en formatos non estandarizados, coma o do Word, tes que ser consciente que iso xera un montón de problemas informáticos, pois eses formatos están pensados para que todo o mundo utilice o mesmo programa de ordenador, cousa moi alonxada da realidade informática actual.
Se che resulta cómodo seguir a traballar co Microsoft Word (poderías plantexarte utilizar outras opcións libres e gratuitas, que ademáis podes ter sempre actualizadas, costume que mellora sensiblemente a saúde do ordenador; as 2 máis utilizadas son OPENOFFICE e LIBREOFFICE) tes que aprender a entregar artigos e traballos en formatos estandarizados.
Nestes intres o formato estándar e universal é o PDF.
Para converter un arquivo do Word en formato PDF tes diversas opcións.
Algunhas delas as comentamos neste titorial. A primeira e máis útil se decides continuar co Word é instalar o PDFCREATOR, unha aplicación que permite gardar en PDF. Pode ser que xa teñas instalado no teu ordenador unha opción semellante, dependendo da versión do Word que teñas instalada.


Para ler o titorial tes na parte de abaixo á dereita 2 botóns verdes para avanzar e retroceder



Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:56