Facer unha webquest ou unha caza do teosuro pode ser unha das actividades máis interesante se queremos "dixitalizar" os contidos da nosa área.
Con ela traballaremos a búsqueda, selección e avaliación da información, así como o desenvolvemento da competencia dixital e da lectura comprensiva.

Moitos profesores non son quen de facer unha webquest por falta de formación técnica.
Noutro sistema educativo máis eficiente isto non sería un impedimento, xa que este é un claro exemplo de traballo interdisciplinar, onde o profesorado de calquera materia debería traballar en colaboración co profesorado TIC.
Mentras chegamos a esa situación máis desexable, o necesario é darse conta de que non estamos tan limitados como pensamos, que existen infinidades de ferramentas á nosa disposición de moi sinxelo manexo.

No módulo 2 propoñemos como actividade voluntaria facer unha caza do tesouro. Alí recomendamos unha páxina moi sinxela, pero con algunhas limitacións dde carácter técnico se se quere aproveitar o traballo para clase.
O mellor sería traballar coa propia páxina do IES, e crear a caza do tesouro no apartado de Aula Virtual.
Aquí recomendamos outra posibilidade MOI sinxela: Webquest Creator.

O titorial está pensado para que abras outra xanela e vaias traballando na páxina ao mesmo tempo que o les, aínda que por suposto dependerá moito do teu nivel informático.
Podes visualizalo aquí en 14 imaxes ou podes descarregar o arquivo PDF




Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:56