Unha das maiores contribucións da lectura en formato dixital é conxugar dun modo sinxelo (en canto á redacción) texto e imaxe, podendo escoller para moitos tipos de texto (expositivos, por exemplo) un formato máis útil.
GLOGSTER é unha aplicación online, en formato flash (ollo: pode dar problemas de visualización en tablets ou móbiles; tes que ter instalado Flash Player, aplicación gratuíta de Adobe) que permite crear pósters en formato multimedia (integrando imaxes, vídeos, son, ligazóns...).

Podes entrar en GLOGSTER.COM e facer un glogster sen rexistrarte, pero se te rexistras poderás continuar editando máis tarde. Para o profesorado existe tamén a opción EDU GLOGSTER, onde podes crear un ou moitos pósters co teu alumnado, pero a maioría das opcións son de pago (pódese probar un mes gratis).


Como exemplo de posibles usos, tes os libros recomendados polo Dpto. de Tecnoloxía do IES Alexandre Bóveda. Lembra que o póster é interactivo: premendo nas imaxes accedes ás ligazóns. Tamén se podería incluír vídeo, son, etc,..
Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:56