Un dos xeitos "distintos ao texto clásico" de representar a informacción son os diagramas e mapas conceptuais. Son útiles para representar, por exemplo, hipertextos, conceptos ligados nunha estrutura non lineal ou textos que remiten a outros textos nunha cadea de ligazóns inabarcable.
Existen moitos programas e aplicacións online para crear e modificar diagramas e mapas conceptuais. Moita xente utiliza os programas tradicionais do procesador de texto ou de presentacións multimedia. Poden utilizarse dun xeito sinxelo, pero no momento que queiramos integralos online (introducindo imaxes externas, ligazóns, etc...) atoparémonos con problemas. O mellor é utilizar un programa específico. Algúns dos recomendados son:

- MINDMEISTER: online, de pago con versión gratuíta, coa posibilidade de traballar con el nunha tablet ou nun smartphone.
- MINDOMO: online, de pago con versión gratuíta, moi sinxelo de utilizar.
- DIA: multiplataforma, sinxelo de utilizar, software libre.
- FREEMIND: multiplataforma, software libre, moi interesante.
- CMAPTOOLS: multiplataforma e software libre, polo tanto gratuíto. Incluímos aquí debaixo uns vídeos titoriais de como instalalo e manexalo (a enorme vantaxe dos programas de software libre é que hai cantidade de recursos online para aprender a manexalos).
- SPICYNODES: un sitio online sinxelo e divertido, e moi útil para crear diagramas atractivos, pero en inglés.
- PIZARRA DIXITAL: calquera pizarra dixital ten aplicacións para facer diagramas e mapas, en xeral dun xeito moi sinxelo.













Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:56