O curso está estruturado en 3 módulos que se subdividen en dúas ou tres partes cada un, ademais do módulo 0 de presentación.

Ao longo do curso haberá unhas tarefas obrigatorias, marcadas en vermello na guía. Teñen un prazo de entrega.
As tarefas voluntarias aparecen en laranxa na guía. Haberá que realizar un número mínimo de tarefas voluntarias ao longo do curso, pero a escoller entre as propostas.
As tarefas que poidan necesitar de axuda disporán dun titorial.

Se necesitas axuda pódeslle mandar un mail ao teu titor ou titora.

Haberá diversas tarefas que consistirán en mandar (ou subir) arquivos. Aínda que non é obrigatorio, recomendamos encarecidamente utilizar formatos estandarizados para que non teñamos problemas en avaliar os traballos.
A ser posible, utilizaranse arquivos PDF para arquivos de texto. Se non sabes como gardar un arquivo en formato PDF, podes consultar este titorial
Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:56