Glosario da Unidade 9


Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

C

Campaña de sensibilización

 Conxunto de actividades teóricas e/ou prácticas que teñen como finalidade crear conciencia na poboación en relación a un determinado tema.

 


D

Discriminación

É toda forma de diferenciación derivada de factores de distinción como poden ser a raza, o sexo, a idade, a orientación sexual, a relixion, a ideoloxía, etc. A discriminación pode darse de xeito directo ou indirecto.


F

Feminismo

Movemento que procura a igualdade entre homes e mulleres a través da superación do patriarcado e os roles de xénero tradicionais.


I

Igualdade formal

 É a expresión lexislativa do principio de igualdade.

 


Igualdade real

 É a expresión efectiva da igualdade, que ven determinada pola lexislación.

 


L

Linguaxe inclusiva

É o uso da linguaxe que permite integrar a todas as persoas, independentemente do seu sexo.

 


M

Machismo

Conxunto de ideas e comportamentos que sosteñen que os homes son superiores ás mulleres. O machismo é típico das sociedades patriarcais.

 


O

Ocultación

Proceso propio das sociedades patriarcais polo cal os logros das mulleres son depreciados e ignorados.


P

Patriarcado

É unha forma de organización da sociedade na que os homes ostentan o poder político, social, económico, relixioso...


R

Roles de xénero

As características que a sociedade nos asigna en función de se somos mulleres ou homes.
O rol asignado tradicionalmente ás mulleres na nosa sociedade é o de coidadora, mentres que o rol dos homes é o de "cabeza de familia".