Glosario da Unidade 8


Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

Páxina:  1  2  (Seguinte)
  TODAS

A

Acoso

 Intimidación ou persecución cara a unha persoa abusando dunha situación de poder. Se persegue fines sexuais falamos de acoso sexual.

 


D

Dereitos sexuais e reprodutivos

Son aqueles que garanten que todas as persoas podamos gozar dunha sexualidade libre e saudable, como o dereito á privacidade, ao pracer, a educación ou a saúde sexual. Forman parte dos dereitos humanos.

 


E

Explotación sexual

 Coñecida tamén como proxenetismo é unha actividade ilegal que en España está castigada con penas de entre dous e catro anos de cárcere. É o emprego da violencia ou intimidación para obrigar a unha persoa -habitualmente mulleres menores- a realizar actividades sexuais para obter un beneficio económico.

 


H

Humor machista

 É o humor que denigra, infravalora ou ridiculiza ás mulleres mediante o emprego de tópicos ou estereotipos machistas.

 


I

Indefensión aprendida

 É un proceso psicolóxico mediante o cal unha persoa "aprende" a comportanse de xeito pasivo ante a sensación de non poder facer nada para cambiar a situación. É un comportamento típico en vítimas de violencia de xénero.

 


Invisibilización

Tamén chamado ocultación, é un proceso cultural mediante o cal se omite a presenza dun determinado grupo social: mulleres, minorías sexuais e raciais, persoas pobres... son obxecto frecuente de procesos de ocultación.

 


M

Maltratador

É a persoa que trata con crueldade ou desconsideración a unha persoa ou animal.


Micromachismo

Refírese a un tipo de violencia "blanda" ou de baixa intensidade pero persistente. Forman parte da socialización de mulleres e homes, polo que soen pasar desapercibidos, minando pouco a pouco a autonomía e autoestima das mulleres. Exemplos de micromachismos son ubicar os cambiadores de bebés nos baños das mulleres ou xuzgar ás mulleres que ocupan cargos políticos pola súa vestimenta.

 


P

Prostitución

É unha práctica que consiste na realización de prácticas sexuais a cambio de diñeiro ou outros beneficios.


Publicidade sexista

É a publicidade que amosa imaxes baseadas en roles e esterotipos de xénero e que á súa vez contribúe a estendelos e transmitilos. 

 



Páxina:  1  2  (Seguinte)
  TODAS