Glosario da Unidade 3


Glosario da unidade

Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

A

Androxinia

É unha forma de expresión de xénero non binaria (home-muller). Polo tanto, as persoas andróxinas ou neutras non se encadra dentro do establecido tradicionalmente para o feminino nin o masculino. O seu aspecto físico é unha mestura variable das anteriores. Isto non está relacionado co seu sexo biolóxico (poden ser homes, mulleres, intersexuais) nin coa súa orientación sexual (poden ser heterosexuais, homosexuais, bisexuais...).


B

Binarismo sexual e de xénero

É o sistema que clasifica ás persoas en dúas categorías diferentes (home/muller) según os seus órganos sexuais e a súa expresión de xénero (masculino/feminino).

Deste xeito esquécense outras realidades como as persoas intersexuais, transexuais e transxénero.


C

Cisxénero

É a denominación que se da ás persoas cuxa identidade de xénero (ou sexo sentido) concorda co seu sexo biolóxico.

Por exemplo, naceron con características cromosómicas e órganos sexuais e reprodutores masculinos e síntense homes.

Porén, afectivamente poden ser homosexuais, heterosexuais ou bisexuais, entre outras.


E

Estereotipos de xénero

Son falsas crenzas ou ideas, fortemente arraigadas na sociedade, sobre como son ou se comportan as persoas según sexan mulleres ou homes. 

Un exemplo é a idea de que os homes son racionais e fortes e as mulleres sensibles e frívolas.


Expresión de xénero

É o xeito en que as persoas exteriorizamos a nosa identidade de xénero. Iso inclúe a vestimenta, o comportamento, os xestos,... Está fortemente influenciada pola cultura dominante.

 


H

Heterosexual

Que sente atracción romántica ou sexual cara a persoas de distinto sexo biolóxico.


I

Identidade de xénero

Tamén coñecido como "sexo sentido", é o sentimento profundo que temos as persoas de que somos homes, mulleres, ambos á vez ou ningún dos dous. Usualmente este sentimento nace ao redor dos 3 anos de vida e en ningún caso é unha elección ou unha preferencia .

Denomínase cisxénero ás persoas cuxa identidade de xénero coincide coa que lles foi asignada ao nacer (mediante a lectura dos xenitais externos). No caso contrario denomínase transxénero.


Intersexualidade

É unha condición natural na que unha persoa presenta unha discrepancia entre o seu sexo cromosómico ( XX/ XY) e os seus órganos sexuais e reprodutores, presentando características propias de ambos sexos.

Psicoloxicamente pódense sentir home, muller, de ambos ou ningún destes xéneros.

Durante moitos anos denominouse erroneamente como hermafroditismo, unha característica exclusiva dalgúns animais.


O

Orientación sexual

Denomínase así a atracción emocional, romántica, afectiva ou sexual que se sinte de xeito duradeiro cara a outras persoas.

Algunhas orientacións sexuais son: heterosexualidad (atracción cara a persoas do sexo contrario), homosexualidade (atracción cara a persoas do mesmo sexo), bisexualidade (atracción cara a persoas de ambos sexos), pansexualidade (atracción cara a persoas independentemente do seu sexo e xénero) e asexualidade (falta de atracción e desexo sexual).


P

Patriarcado

É unha forma de organización social na que os homes ostentan o poder político, social, económico, relixioso...


Q

Queer

Tamén coñecido como xénero fluído ou xénero non binario. Esta corrente rompe co binarismo sexual e de xénero, considerando ambos (sexo e xénero) como un continuo no que non existen categorías.


R

Roles de xénero

As características que a sociedade nos asigna en función de se somos mulleres ou homes.

O rol asignado tradicionalmente ás mulleres na nosa sociedade é o de coidadora, mentres que o rol dos homes é o de "cabeza de familia".


S

Sexo biolóxico

Este termo fai referencia ao sexo co que se naceu, determinado por cromosomas, xenitais, hormonas e gónadas.

Pode ser feminino (cromosomas XX, ovarios, xenitais femininos, etc.), masculino (cromosomas XY, testículos, xenitais masculinos, etc.), ou intersexual (mestura de cromosomas e/ou xenitais).


Sexo de asignación

Denomínase así ao proceso que ten lugar durante o período neonatal mediante o cal asígnase un sexo ao bebé - home ou muller - en función da "lectura" que se fai dos xenitais externos.


Sistema sexo-xénero

É aquel que establece a orixe da desigualdade entre mulleres e homes no xénero  e non no sexo biolóxico.


T

Trans

Concepto que engloba a todas as persoas cuxa identidade sexual e/ou de xénero, así como a súa expresión de xénero non son as normativas.

Engloba así ás persoas transexuais, intersexuais, tranxénero, xénero fluido... ou ben outras definicións que forman parte da diversidade.


Transexual

Denomínase así a aquela  persoa que sente unha desconformidade interna ou psicolóxica entre o seu sexo biolóxico e o sexo ao que sente pertencer e co que quere vivir socialmente (sexo sentido).

Este sentimento soe despertar arredor dos 3-4 anos e non é unha elección ou preferencia.

Tampouco está relacionado coa orientación sexual.

As persoas transexuais a miúdo senten a necesidade de acomodar o seu corpo ao seu sexo sentido mediante tratamentos hormonais ou cirurxías.


Tránsito social

É o proceso mediante o cal unha persoa trans decide vivir socialmente conforme ao seu sexo e xénero sentidos.

 


Transxénero

Denomínanse así ás persoas que non se senten cómodas coa identidade de xénero que lles foi asignada ao nacer.

Por exemplo, unha persoa pode ser bioloxicamente muller pero non se sentirse cómoda co feminino.

Porén, non senten a necesidade de modificar a súa anatomía para que esta concorde coa súa identidade de xénero.


X

Xénero

Este termo fai referencia ao conxunto de ideas creadas por cada sociedade e cultura sobre cómo son as mulleres e os homes.

Estas características, se ben falsas, asígnases como naturais e fan referencia a aspectos emocionais, afectivos, físicos e intelectuais, entre outros.