Glosario da Unidade 2


Glosario da Unidade 2

Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

Páxina:  1  2  (Seguinte)
  TODAS

A

Androcentrismo

Fai referencia á práctica, intencionada ou non, de considerar aos varóns e o seu puntos de vista como centro do mundo. O androcentrismo contribúe a invisibilizar o traballo das mulleres, resaltando unicamente os logros acadados polos homes.


C

Chan pegañento

Denomínanse así o conxunto de dificultades que teñen as mulleres para traspasar o ámbito privado (maternal, conxugal, doméstico...) e acceder ao ámbito do público.


D

Discriminación

É toda forma de diferenciación derivada de factores de distinción como poden ser a raza, o sexo, a idade, a orientación sexual, a relixion, a ideoloxía, etc. Esta discriminación pode darse de xeito directo ou indirecto.


Discriminación laboral por razón de sexo

É toda práctica que, por acción ou omisión, ten como resultado a reprodución das desigualdades entre mulleres e homes no mercado laboral. Existen diversas formas de discriminación laboral de xénero. Unha indirectas, como pode ser ofrecer traballos feminizados,  categorías inferiores ou xornadas parciais e outras directas como despidos por embarazo ou acoso sexual no traballo. 


F

Feminización/masculinización laboral

Este termo refírese aos empregos que teñen un alto compoñente de sesgo de xénero. Os empregos feminizados son aqueles relacionados cos coidados e o traballo doméstico, coas relacións sociais e a afectividade: mestra, enfermeira, telefonista, limpadora... Soen ademais ser traballos precarizados, con salarios baixos, xornadas parciais e contratos temporais. Os traballos masculinizados son os que teñen que ver coa forza, o coraxe ou a intelixencia: bombeiro, policía, inxeniero son algúns exemplos. Adoitan ser empregos con máis estabilidade, xornadas completas e salarios altos.


Fenda salarial de xénero

É a diferencia salarial que existe entre os ingresos dos homes e das mulleres e que se deben a razóns de xénero. As razóns soen estar relacionadas coa precarización do emprego feminino: salarios baixos, profesións pouco cualificadas, xornadas parciais, contratos temporais...


H

Homosexualidade

Orientación sexual que se basea na atracción física e emocional por persoas do mesmo sexo.


I

Invisibilización

Tamén chamado ocultación, é un proceso cultural mediante o cal se omite a presenza dun determinado grupo social: mulleres, minorías sexuais e raciais, persoas pobres... son obxecto frecuente de procesos de ocultación.

 


M

Minoría racial

É un grupo de persoas que pertencen a un grupo racial diferente do da maioría da poboación.


Minoría sexual

É un grupo de persoas cuxa identidade de xénero ou orientación sexual difiren das da maioría da poboación.



Páxina:  1  2  (Seguinte)
  TODAS