Foro de novas

Explicación tarefas + tarefa 1

Explicación tarefas + tarefa 1

por López Raquel -
Número de respostas: 0

 

Moi bo dia!

 

 

 

Tal como vos adiantamos o martes na primeira sesión do curso, as catro horas de traballo non presencial da formación non serán só a través dun exercicio final senón que irán incorporadas ao longo da formación e relacionadas con contidos traballados en cada unha das sesións.

 

 

 

Así pois, estas catro horas foron divididas en tres tarefas que iremos subindo progresivamente á Aula Virtual: https://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/enrol/index.php?id=1232

 

 

 

A distribución de horas queda da seguinte maneira:

 

 

 

Tarefa 1 (45 min aprox.)

Cubrir unha enquisa inicial:

https://www.coeducacion.org/profesorado-ldb/

 

Entre a 1ª e a 2ª sesión

Tarefa 2 (45 min aprox.)

 

Reflexión-identificación sobre violencias

 

Entre a 2ª e 3ª sesión

 

 

Tarefa 3 (2 horas e media aprox)

 

Proposta co-educativa

 

Entre a 4ª sesión e 10 de marzo (data de   entrega)

 

 

 

 

 

Queda, por tanto, á vosa disposición tanto por este medio como na aula virtual a Tarefa 1 para realizar antes da seguinte sesión. Como vedes, a enquisa é web e, se os medios non fallan, debería estar dispoñíbel para realizala en galego. Se non fose así, por favor, poñédevos en contacto con nós para tentar arranxalo.

 

 

 

Para calquera dúbida, aclaración ou suxestión estamos á vosa disposición nos correos electrónicos galicia@intered.org e xcarlosro@edu.xunta.gal (asesor da formación) e no teléfono 693.53.72.79.

 

 

 

Apertas!