CICLO DE CINE E DEBATE

Ciclo de cine e debate

TRES BOAS PELÍCULAS

Cando nos poñemos as gafas do desenvolvemento sustentable poden xurdirnos dúbidas...

¿E que pasa co diñeiro? ¿E que pasa cos postos de traballo?

O desenvolvemento sustentable ten que poñer de acordo o medio ambiente, a economía e a sociedade.

Este debate está moi presente na sociedade porque hai persoas que pensan que co desenvolvemento sustentable pódense perder moitos postos de traballo, e que iso é peor que prexudicar a natureza.



A PROPOSTA


Vos propoñemos un ciclo de cine, con tres películas que poñen en relación o desenvolvemento económico e a degradación da natureza.


PRADOLONGO  HOME  DIRT! THE MOVIE


Tomando como referencia as personaxes de Pradolongo (ambientada en Galicia), observade as distintas posturas á hora de decidirse entre:
  • respectar a natureza e empregar medios tradicionais de gandería (reducindo o beneficio económico)
  • ou explotala para obter beneficios  económicos.
Observade tamén que na película hai unha explicación sobre xeitos de facer explotacións mineiras un pouco máis respectuosas co medio ambiente.


¿CON CAL DESTAS POSTURAS TE IDENTIFICAS MÁIS?





DEBATE


A continuación ides formar grupos de compañeiros e compañeiras que compartides a mesma opinión, e ides buscar conxuntamente argumentos para defender a vosa postura.

¡Preparádevos ben!

Porque ides ter que defendelos nun debate con toda a clase, e tedes que facelo dun xeito respectuoso, baseando os vosos argumentos en información, nas vosas experiencias, nos vosos sentimentos... 

e tedes que escoitar ós das demais persoas.