Tema 10: O mundo clásico I. Grecia

Apuntamentos do tema 10: O mundo clásico I: Grecia.

1. O marco xeográfico da civilización grega.


A Grecia antiga estaba formada por un conxunto heteroxéneo de territorios que farán desta civilización unha ponte entre Europa, Asia e África:


· Península Balcánica e península do Peloponeso.

· Illas do Mar Exeo

· Costas de Asia Menor.


Os trazos xeográficos comúns destes territorios son a presenza do mar e das montañas. Estes condicionantes favorecerán a creación das polis (cidades - estado independentes) como protagonistas dunha civilización que conxugará a inexistencia dun Estado unificado cunha cultura común baseada na lingua e nas costumes, cultura que comparte o espazo chamado Hélade polos gregos.

As polis levarán a cabo unha intensa actividade colonizadora coa finalidade de obter recursos e de ocupar territorios para asentar á poboación sobrante, feito que traerá consigo a expansión da cultura grega polo Mediterráneo.

Mapa de Grecia