Tema 7: Tempo e espazo na historia.

Apuntamentos en formato web do tema 7, Espazo e tempo na historia.

1. Introdución. As fontes históricas.


A historia encárgase de estudar o pasado tomando ao ser humano como o obxectivo fundamental de coñecemento. Como ese pasado tamén é denominado historia, temos aquí un curioso trabalinguas no que unha mesma palabra se emprega para falar do tanto do obxecto de estudo como da disciplina que leva a cabo ese estudo. Afortunadamente para nós non teremos que pararnos neste tipo de cuestións que xeneraron e xeneran grandes debates entre os estudosos.


Iremos ao esencial: a historia ocúpase do ser humano no tempo, atendendo ás múltiples dimensións: política, economía, sociedade, cultura… e empregando para iso as chamadas fontes históricas.


Unha fonte histórica é calquera elemento que ofreza información sobre as actividades humanas no pasado. Pódense clasificar en función de distintos criterios:

· Segundo a súa natureza: poden ser fontes escritas (libros, cartas, rexistros, contratos...), materiais (restos arqueolóxicos) ou orais (testemuñas de persoas relacionadas cun feito ou época histórica).

· Segundo a súa orixe: poden ser primarias ou secundarias. As fontes primarias son as que proceden directamente do momento que se está a estudar (restos arqueolóxicos, documentos da época) e as secundarias son as que non proceden directamente do momento que se estuda, senón que son posteriores (obras de historiadores, interpretacións de arqueólogos sobre restos arqueolóxicos...)

· Segundo os seus contidos: As fontes históricas poden ser políticas, económicas, sociais, culturais…


En calquera caso, as fontes son a materia prima coa que traballa a persoa que se adica á historia, e para facelo debe contemplalas desde unha perspectiva crítica, buscando o seu grao de veracidade e empregando, para iso unha gran cantidade de disciplinas: arqueoloxía, epigrafía, antropoloxía...

arquivo


Biface
Códice