Tema 5. O ser humano e o medio.

Apuntamentos do tema 5.

1. A relación entre o ser humano e o medio.


Os distintos medios naturais son os escenarios nos que o ser humano desenvolveu a súa historia, fornecéndoo dos recursos necesarios para a súa supervivencia e tamén para o desenvolvemento das grandes civilizacións. A dependencia que teñen os grupos humanos dos medios nos que viven é, deste xeito, indubidable. Parellamente o ser humano influíu desde sempre no medio natural mediante as súas actividades económicas, se ben a intensidade desta influenza tardou en acadar o enorme impacto que ten na actualidade. Así, nos últimos dous séculos, a revolución industrial e os seus efectos trouxeron consigo a acentuación do papel do ser humano como factor que modifica intensamente as condicións medioambientais dos espazos que habita.

Contaminación

O medio natural inflúe no ser humano mediante factores coma o clima, a altitude ou a fertilidade do solo, que favorecen ou dificultan as distintas actividades humanas, se ben a influenza destes condicionantes pode verse atenuada polo desenvolvemento tecnolóxico.

Pola súa banda, o ser humano inflúe no medio ao empregalo coma unha fonte de recursos, tanto se nos referimos á caza e á recolección características dos primeiros pasos do ser humano na historia como, no mundo actual, ás reservas de combustibles fósiles coma o petróleo que son indispensables para o funcionamento das sociedades humanas cos trazos que coñecemos.

Os recursos naturais son, deste xeito, os elementos da natureza que proporcionan ao ser humano as materias primas e as fontes de enerxía para satisfacer as súas necesidades.

Distínguese entre recursos renovables (radiación solar, vento...) e recursos non renovables (petróleo, carbón...) en función da capacidade de rexeneración do recurso por riba do consumo humano.

Ao longo da historia, e en especial a partir da revolución industrial iniciada no século XVIII, a necesidade de recursos experimentou un crecemento contínuo, e as actividades económicas relacionadas coa obtención e a xestión deses recursos causaron e causan un forte impacto ambiental (agricultura, minería, industria, transporte...).



Deforestación






flash Pulsa no icono para ver información sobre as enerxías renovables