Tema 4: Os climas e as súas paisaxes

Tema 4: Os climas e as súas paisaxes

1. Zonas climáticas da Terra

Combinando os elementos meteorolóxicos estudados (temperatura, humidade, precipitacións, presión atmosférica e vento) e os factores que inciden neles (latitude, altitude, distancia respecto ao mar) dan como resultado diferentes climas na Terra.
Podemos dividir á Terra en función da temperatura en cinco zonas. Fíxate no nome dos paralelos que marcan a separación entre cada zona.
Zonas da Terra
Climas cálidos:
  • Ecuatorial
  • Tropical Chuvioso
  • Tropical Seco
  • Desértico
Climas Temperados:
  • Subtropical (Chinés)
  • Mediterráneo
  • Oceánico
  • Continental
Climas fríos:
  • Polar
  • Alta montaña

Polos fríos, trópicos quentes
Olla esta animación onde explica porque fai máis calor nos trópicos e máis frío nos polos.