Tema 1. A representación da Terra

Libro cos apuntamentos do tema 1.

1. A forma da Terra.


O planeta Terra foma parte do Sistema Solar e formouse hai uns 4.500 millóns de anos. Forma parte do grupor dos planetas interiores xunto con Mercurio, Venus e Marte. Os catro teñen en común o seu carácter rochoso e o seu pequeno tamaño, en contraste cos planetas exteriores (Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno), que son de maior tamaño e gasosos.


A forma da Terra.
A primeira vista o noso planeta pode parecer esférico coma un balón, pero non é unha esfera perfecta xa que está lixeiramente achatada polos polos; co que para definir esa forma particular, esférica pero á vez achatada polos polos, emprégase o termo xeoide.
Xunto coa forma da Terra é importante ter en conta a inclinación do seu eixo uns 23º, feito de grande transcendencia para o clima aos ser responsable da distribución das estacións do ano nos hemisferios
Rotación terrestre
Sistema solar
flashPulsa sobre o icono para acceder á animación "Planeta Terra".