Comentamos un texto histórico


Comenta o seguinte texto, seguindo as instrucións do tema 7 de como facer un comentario histórico. Tes aquí o enlace por se precisas repasalo.

O significado da palabra Mesopotamia, "terra entre ríos," refírese á chaira aluvial situada entre os ríos Tigris e Éufrates (no actual Iraq). Ao desbordarse depositaban unha fértil capa de limo. Pero as choivas na zona eran moi escasas (...) Era necesario excavar canles para o rego, e isto non sucedeu ata o 5.500 a. C. Entón puideron cultivar estes ricos solos e obter unha colleita segura case cada ano. Arredor dun milenio máis tarde, o invento do arado de madeira incrementou o rendemento das colleitas (...)
Se se exceptúa o fértil solo, Mesopotamia carecía de recursos naturais. A madeira, pedra e os minerais tiñan que ser importados das zonas veciñas a cambio dos excedentes alimentarios e de produtos como a cerámica.

HAYWOOD, J. Atlas histórico do mundo (Könemann Ed.) 2000