Comentamos un texto histórico


Comenta a seguinte nova xornalística, seguindo as instrucións do tema 7 de como facer un comentario histórico. Tes aquí o enlace por se precisas repasalo.

Descobren na cova Eirós a mostra de arte rupestre máis antiga do noroeste peninsular. (20/VIII/2012)

Os traballos arqueolóxicos que se están desenvolvendo na Cova de Eirós (Triacastela) acaban de dar novos froitos. Os investigadores (...) veñen de atopar nas salas interiores da cova motivos gravados e pintados que poderían remontarse a hai arredor de 30.000 anos (...)
Cova de Eirós convértese deste xeito na primeira manifestación de arte rupestre paleolítica do noroeste peninsular, o que enche un importante baleiro neste ámbito, pois os paralelos máis próximos están nas representacións ao aire libre dos vales fluviais de Foz Côa e Alto Sabor, no norte de Portugal, e nas cavidades de La Viña, Peña de Candamo ou Pena Oscura, na cunca do río Nalón (Asturias) (...)
O grupo de investigadores da USC comezou os traballos de excavación na cova en 2008. Conseguiron datar a presenza humana no Paleolítico Medio e Superior, e posteriormente sondaxes xeofísicas revelaron a existencia dun recheo de tres metros, do que aínda non se escavou a súa totalidade. En calquera caso, na cova pódese estudar un períodos de máis de cen mil anos, pois os artefactos achados no nivel anterioe teñen 118.000 anos de antigüidade, polo que se poden estudar no mesmo espazo os modos de vida do homo neanderthal e do homo sapiens sapiens
Xornal dixital Praza pública (link á noticia completa aquí.)