Creación de cursos Platega
Espazo de formación e apoio ás persoas creadoras de cursos virtuais Platega.
Deseño e creación de cursos virtuais:
-
-
- Deseña cursos competenciais
- Crea cursos virtuais en Platega, Moodle 3.9
- Respecta a propiedade intelectual e a accesibilidade web
- Empaqueta contidos
- ...
-
Aviso importanteO modelo de competencias profesionais docentes da Rede de Formación foi actualizado en maio do 2023. A documentación para a elaboración de cursos Platega recollida nestes espazos de apoio está pendente de actualización ao novo modelo. En caso de dúbida sobre algún aspecto relacionado coa integración da competencias na creación de cursos pode ser consultado no enderezo electrónico cafi.tic@edu.xunta.gal
O novo modelo pode consultarse aquí.
-
Deseño dun curso Platega
Se tes algunha dúbida ou consulta sobre o deseño ou a creación de cursos Platega, contacta con cafi.tic@edu.xunta.gal
Info e recursos
Documento básico que debes coñecer e consultar cando sexa necesario. Atoparás aquí orientacións para deseñar o curso así como as directrices necesarias para orientar a creación do curso.
Descarga este arquivo editable (*.odt) para revisar un curso Platega. Emprégase esta listaxe de cotexo para validar os cursos remodelados ou de nova creación.
Documento-modelo para DESEÑAR un curso Platega. Analiza o deseño do curso Titorizar cursos Platega.
Descarga este modelo para elaborar a Guía do teu curso Platega. Formato *.odt
- Última actualización: 24/04/2024
Modelo ou plantilla para CREAR cursos virtuais Platega. Chave de convidados: modelo
Para crear o teu curso solicita unha copia ao departamento de Educación dixital do CAFI.
Formación
As persoas creadoras ou remodeladoras de cursos Platega deben ter competencia profesional para desenvolver este labor. Os desempeños necesarios adquírense realizando o curso Crear cursos Platega, obrigatorio para quenes vaian crear ou remodelar un curso Platega mediante unha Licenza por formación de Modalidade 2.