Trátase dunha idea que unirá a un equipo de 35 persoas en 5 xornadas para permitir abordar de maneira colaborativa un destes 3 retos:


  1. Como levar a cabo proxectos multidisciplinares?

  2. Como dar feedback efectivo?

  3. Como convertir a avaliación nunha oportunidade de aprendizaxe?


Non se trata de recibir formación, senón de xornadas de creación en grupo nas que cada persoa poderá propoñer unha solución para o seu reto xunto a un equipo de docentes interesados/as na mesma temática. Ao mesmo tempo, cada persoa integrante experimentará en primeira persoa un proceso colaborativo en remoto.