Saltar navegación

3.6 Mantemento diario do ultra-portátil

O ultra-portátil é un equipo que precisa poucos coidados, pero as seguintes regras farán que o ultra-portátil traballe dunha forma máis fiable:

mantemento ultra-portátil

Outro dos aspectos claves do mantemento do ultra-portátil é a batería.
Para cargar a batería ou traballar conectado na rede eléctrica evitando que a batería se consuma, deberase conectar o cable do adaptador de corrente.
  • Cando o nivel de carga sexa <10%, o indicador luminoso da batería pestanexará en cor ámbar
  • Cando o nivel de carga sexa <5%, o indicador luminoso da batería pestanexará en cor ámbar e o sistema emitirá un asubío
  • Nunca cargue a batería cando a temperatura sexa superior aos 40ºC