Saltar navegación

3.5 Que ferramentas podo empregar para traballar en modo tablet?

Unha das ferramentas dispoñibles no ultraportátil é Xournal, que permite tomar notas, facer esquemas, etc.
Para traballar con Xournal: Acceda ao menú global, elixa a opción Accesorios e pulse en Xournal.

Que podo facer con Xournal?

As funcionalidades máis destacadas desta ferramenta son:

  • páxina xournalPermite facer anotacións sobre un pdf de maneira sinxela. (Por exemplo: un docente poderá empregalo para facer que o alumnado resolva os exercicios e, á súa vez, que o propio docente poida correxilos e cualificalos sobre o mesmo pdf).
  • Recoñece as formas (cando o usuario trata de facer, por exemplo unha liña, un círculo ou un rectángulo, Xournal recoñece a forma e a converte na figura desexada).
  • Permite o borrado por selección, de maneira que todo o que queda no interior da área marcada bórrase.