7. Desactivación do inicio de sesión automático

  Desactivación do inicio de sesión automático

Tal como indicamos na sección "Os usuarios do sistema",  a Maqueta Abalar inicia sesión automaticamente co usuario  "usuario" que ten "usuario" como contrasinal.

Por razóns de privacidade e seguridade podería ser  boa idea desactivar este automatismo e facer que a maqueta pida un nome de usuario e contrasinal cada vez que se use o equipo.

Antes de levar a cabo este cambio, é moi recomendable mudar o contrasinal dos dous usuarios do sistema, o usuario normal "usuario" e o administrador "root". En caso de non facelo, aínda que o equipo non iniciara sesión automaticamente, calquera podería acceder a el, por ser eses nomes de usuario e contrasinais sobradamente coñecidos.

IMPORTANTE: E imprescindible que lembremos os contrasinais que imos cambiar. En caso contrario non poderiamos acceder ao equipo!

En caso de que prefiramos non cambiar estes contrasinais, poderemos ir directamente ao punto 3.


1. Cambio do contrasinal do administrador (root)

Para empezar, abrimos un terminal (en Aplicacións > Emulador de terminal), escribimos "su -" e prememos ENTER:


  su -


Agora, o terminal pediramos que escribamos o noso contrasinal de administrador, que na Maqueta Abalar é toor. É importante lembrar que teremos que escribir o contrasinal a cegas; o terminal non o amosará:


Password

 Despois de escribir o contrasinal, prememos a tecla ENTER e xa seremos root, o administrador:

root

Agora cambiaremos o contrasinal do administrador escribindo o comando passwd e premendo a tecla ENTER:

new passwrod

A continuación teremos que teclear o novo contrasinal a cegas e premer ENTER; cando o fagamos pedirásenos que o confirmemos escribindo o novo contrasinal outra vez:

new password 2

A partir deste momento, o novo contrasinal do administrador (root) será o que acabamos de cambiar.

OLLO: Se nos equivocamos, o sistema indicará que os dous contrasinais introducidos non coinciden e teremos que repetir o proceso de novo.


2. Cambio do contrasinal do usuario

Unha vez cambiado o contrasinal do administrador, procedemos a cambiar o contrasinal para o usuario "usuario", que será o que usaremos normalmente para o noso traballo. Para iso, teclearemos a orde passwd usuario e premeremos ENTER:

password_usuario

Entón escribiremos o novo contrasinal para o noso usuario e premeremos ENTER. A continuación pediranos que volvamos a escribir o mesmo contrasinal; farémolo e premeremos ENTER de novo.

passwrod usuario 2

A partir dese momento, ese será o novo contrasinal para o noso usuario.

OLLO: Se nos equivocamos, o sistema indicará que os dous contrasinais introducidos non coinciden e teremos que repetir o proceso de novo.

3.  Desactivación do inicio automático.

Unha vez cambiados os contrasinais, procedermos a desactivar o inicio de sesión automático. Para iso, usaremos o editor nano para modificar o ficheiro de configuración /etc/lightdm/lightdm.conf. Escribimos no terminal o seguinte comando e prememos ENTER:

nano /etc/lightdm/lightdm.conf

editar lightdm

Unha vez aberto o editor, usamos a tecla de dirección cara abaixo do teclado para buscar unha liña que di:

autologin-user=usuario

modificar lightdm.conf

E escribimos un carácter # ao principio desa liña para que quede así:

modificar lightdm.conf 2

Agora usamos a combinación de teclas CTRL+o e pulsamos ENTER para gardar os cambios e logo CRTL+x para pechar o editor.

4. Reinicio do equipo

Por último, reiniciamos o equipo. Cando o equipo se reinicie veremos que a pantalla de benvida pediranos que escribamos un nome de usuario e un contrasinal. O nome de usuario será usuario e o contrasinal será o novo contrasinal que cambiamos anteriormente no punto 2.

Nota: en caso de que decidiramos non mudar o contrasinais, o contrasinal para o usuario usuario seguirá sendo usuario


reinicio

  

      

  Maqueta Abalar Libre      

Última modificación: Luns, 6 de Maio de 2024, 13:41