9.5. O Millonario

  Millonario

EDIXGAL

O Millonario

Móstrase unha pregunta ao estudante; se a contesta correctamente móvese cara arriba ao seguinte número do xogo ata que o usuario completa as preguntas. Neste caso o xogo só traballa con preguntas de opción múltiple que poderá importar tanto dun cuestionario en concreto como dalgunha categoría dentro do banco de preguntas.

  

  

Consideración previas

Só funciona co ítem opción múltiple recollidas dun banco de Preguntas ou dun Cuestionario. Se o usuario descoñece a resposta permítelle utilizar comodíns como axuda. No momento que o usuario falle unha pregunta remata o xogo.

   

  

Pasos para crear un xogo millonario

  

Millonario

 

  

  1. Actívase a edición.
  2. Engádese unha actividade ou recurso.
  3. Elíxese a opción de O Millonario.
  4. Prémese en engadir.

   

Xeral

Ponse o nome ao xogo.

Elíxese a orixe das preguntas, dun banco de preguntas ou  dun cuestionario, deben ser do tipo opción múltiple.

Seleccionar unha categoría de preguntas, actívase cando se elixe a opción de preguntas, permite acceder ao banco de preguntas do curso.

Incluír subcategorías: Permite elixir subcategorías se existiran.

Selección cuestionario: Permite elixir entre os cuestionarios elaborados.

Numero máximo de intentos. Pódese limitar o número máximo de intentos.

       
Opcións do xogo

  • Cor de fondo: Permite definir cor de fondo do xogo.
  • Barallar preguntas: Permite que se barallen as preguntas para que aparezan no xogo en distinto orde.


 



EDIXGAL
Última modificación: Sábado, 9 de Setembro de 2023, 15:30