9.4. Sopa de letras (Cryptex)

  Sopa de letras

EDIXGAL

Sopa de letras (Cryptex)

Sopa de letras

Xogo que consiste en atopar determinadas palabras extraídas dun glosario, de preguntas de resposta curta ou dun cuestionario.

Ditas palabras deberán estar incluídas dentro da sopa de letras xerada e unha vez contestemos ás mesmas aparecerán dentro da sopa de letras en cor vermella.

Consideración previas

Funciona con Glosario, Preguntas e Cuestionario.

Preguntas. Funciona cos seguintes tipos de preguntas: verdadeiro falso, resposta curta e opción múltiple.

      

Pasos para crear un xogo Sopa de Letras

  

Sopa de letras

  

  1. Actívase a edición.
  2. Engádese unha actividade ou recurso.
  3. Elíxese a opción de Cryptex.
  4. Prémese en engadir.

     

Xeral

Ponse o nome ao xogo.

Elíxese a orixe das preguntas: glosario, preguntas ou cuestionario, lembrar que se se elixe a opción de cuestionario este debe ter preguntas de tipo curto.

Na opción de seleccionar un glosario, si este esta estruturado por categorías poderíase elixir unha delas.

Seleccionar unha categoría de preguntas, actívase cando se elixe a opción de preguntas, permite acceder ao banco de preguntas do curso.

Incluír subcategorías: Permite elixir subcategorías si existiran.

Selección cuestionario: Permite elixir entre os cuestionarios elaborados.

Numero máximo de intentos. Pódese poñer un numero máximo de intentos.

     

 



EDIXGAL
Última modificación: Sábado, 9 de Setembro de 2023, 15:29