9.3. Encrucillado

  Encrucillado

EDIXGAL

Encrucillado

Encrucillado

Este xogo obtén palabras dun Glosario, de preguntas de resposta curta ou dun cuestionario, e xera un encrucillado aleatorio. 

Os estudantes poden premer o botón "Revisar" para comprobar se as respostas son correctas. Cada encrucillado é dinámico polo que é diferente para cada estudante ou intento.

O docente pode establecer o número máximo de columnas/filas.

   

   

Consideración previas

Funciona con Glosario, Preguntas e Cuestionario.

   

Pasos para crear un xogo encrucillado

   

encrucillado

  1. Actívase a edición.
  2. Engádese unha actividade ou recurso.
  3. Elíxese  a opción de encrucillado.
  4. Prémese en engadir.

    

Xeral

Ponse o nome ao xogo.

Elíxese a orixe das preguntas: glosario, preguntas ou cuestionario, cómpre lembrar que se se elixe a opción de cuestionario este debe ter preguntas de tipo curto.

Na opción de seleccionar un glosario, si este está estruturado por categorías, poderíase elixir unha delas.

Seleccionar unha categoría de preguntas, actívase cando se elixe a opción de preguntas, permite acceder ao banco de preguntas do curso.

Incluír subcategorías: Permite elixir subcategorías se existiran.

Selección cuestionario: Permite elixir entre os cuestionarios elaborados.

Numero máximo de intentos. Pódese poñer un número máximo de intentos.

   

Opcións do xogo

  • Número máximo de filas/columnas: Permite elixir o número máximo de columnas no encrucillado.
  • Número mínimo de palabras: Permite configurar o número mínimo de palabra que terá o encrucillado.
  • Número máximo de palabras: Permite configurar o número máximo de palabra que terá o encrucillado.
  • Permitir espazos nas palabras: Se se permite esta opción, as palabras poderán conter espazos en branco.
  • Deseño: Pódese elixir se as definicións das palabras están na parte dereita ou na parte de abaixo do encrucillado.
  • Mostrar botón de impresión: Mostra o botón de impresión para imprimir a actividade.

 



EDIXGAL
Última modificación: Sábado, 9 de Setembro de 2023, 15:29