Anexo informativo

  Anexo informativo

  

PARTICIÓNS

O esquema de particionamiento máis recomendado para os sistemas GNU/Linux está formado por, polo menos, o seguintes catro tipos de particións:

  • Unha partición “/boot”. Esta contén o kernel ou nucleo do sistema operativo (o cal permite ao seu sistema arrincar) xunto con arquivos utilizados durante o proceso de arranque. 
  • Unha partición “swap”. Esta serve para soportar a memoria virtual. Noutras palabras, os datos escríbense nunha partición swap cando non hai suficiente memoria RAM para almacenar a información que o seu sistema está a procesar.
  • Unha partición raíz: “/”. Esta é a cima da estrutura do directorio. Nela almacénanse todos os arquivos utilizados polo sistema, excepto os almacenados en “/boot”.
  • Unha partición “/home”. Esta é utilizada para almacenar datos de forma independente dos datos do sistema. Así se pode actualizar ou reinstalar o sistema sen borrar arquivos dos usuarios.
 

USUARIOS

Os usuarios e contrasinais por defecto da maqueta Abalar libre son os seguentes:

  • Usuario “usuario” e contrasinal “usuario”. 
  • Usuario con privilexios “root” e contrasinal “toor”.

 

  Maqueta Abalar Libre

Última modificación: Venres, 18 de Febreiro de 2022, 15:28