1. Instalación en equipos UEFI

  Instalación en equipos UEFI

Este proceso consiste na instalación, en equipamento UEFI, do sistema operativo en dúas particións: unha EFI e outra para o resto do sistema. No caso de que se precisen máis particións, sería necesario realizar unha instalación personalizada.

Advertencia: Todos os datos almacenados no dispositivo serán eliminados e non poderán ser recuperados.


1º paso

Crear un USB de arranque a partir da imaxe ISO.

2º paso

Acender o computador coa opción de arranque desde USB como primeira alternativa, e seleccionar a entrada “Abalar”.

3º paso

Executar a aplicación de instalación do sistema, que se atopa en: 

“Aplicativos > Sistema > Instalador de Snapshot-Live”

Aparecerá unha xanela ou outra, dependendo de se existe ou non unha partición EFI no equipo:

 EFI

 

EFI


4º paso

Manter seleccionadas, sen cambios,  as opcións que se mostran marcadas por defecto.

Opcións por defecto


5º paso

Executar GParted para proceder a configurar as paticións do disco duro.

GParted


Para este caso, é preciso configurar 2 particións:
  • Partición EFI: formatada en FAT32, tamaño de 512MB e coas marcas boot e esp. 
  • Partición para o sistema: formatada en EXT4 e que ocupe o resto do tamaño do disco duro do equipo.


6º paso

Eliminar as particións existentes.
NOTA: Se o disco duro non ten configurada ningunha partición, hai que saltar ó 7º paso, xa que estas indicacións son para un equipo con particións, como por exemplo as da seguinte imaxe:

GParted


Se existe unha partición configurada con LVM, antes de eliminala, será preciso desactivar dita configuración, mediante o botón dereito e seleccionando “Desactivar”:


Desactivar LVM


Eliminar todas as particións existentes, facendo clic co botón dereito sobre cada unha delas e seleccionando a opción "Eliminar". 

Finalmente débese pulsar sobre o botón "Aplicar" para que se fagan efectivos os cambios.

Eliminar todas as particións


7º paso

Crear as novas particións, unha EFI e outra para o resto do sistema. Primeiramente, se non o está xa, crear a táboa de particións de tipo gpt.

No selector de tipo de particións debe seleccionarse a opción "gpt" tal como se mostra na seguinte imaxe:

Taboa de particións


Seleccionar “Nova” no espacio “sen asignar” para crear unha partición EFI con 512MB de tamaño e con formato FAT32:


Nova particion EFI

A continuación utilizaremos o mesmo procedemento para crear a partición do resto do sistema, con formato EXT4 e o tamaño por defecto que ocuparía todo o resto do disco duro.

Crear partición de sistema

Por último, aplicamos os cambios:

Aplicar os cambios

Para a partición EFI é preciso “Xestionar as marcas”, polo que pulsaremos co botón dereito sobre esta partición EFI e seleccionamos as opcións "boot" e "esp":

Xestionar as marcas

Finalmente as particións quedarán da seguinte maneira:

Aspecto final das particións


Pechamos a aplicación GParted ... e continuamos coa instalación.



8º paso

Na seguinte pantalla que se nos presenta, debemos seleccionar a partición para a instalación do sistema operativo e o seu sistema de arquivos:

Partición e arquivos

A continuación móstrase un resumo coa configuración que se realizará. Nesta pantalla deberemos pulsar sobre o botón  “Proceder coa instalación”:

Resumen instalación

Nas seguintes pantallas configuramos a área xeográfica, o fuso horario e as configuracións locais. As configuracións que se mostran a continuación xa aparecerán seleccionadas por defecto e simplemente deberemos aceptar cada unha delas.

Configurar locales 


Despois de aceptar (ou seleccionar) todas estas configuracións locais, a instalación iniciarase automáticamente despois duns segundos. Durante varios minutos realizarase de forma efectiva a instalación de acordo ás configuracións establecidas nos pasos anteriores.

Instalación completa


Final


  Maqueta Abalar Libre

Última modificación: Martes, 19 de Abril de 2022, 16:29