2. Instalación avanzada

  Instalación avanzada

Este proceso consiste na instalación do sistema operativo nunha partición que ocupa todo o disco duro.

Advertencia: Todos os datos almacenados no dispositivo serán eliminados e non poderán ser recuperados.


1º paso

Crear un USB de arranque a partir da imaxe ISO.

2º paso

Acender o computador coa opción de arranque desde USB como primeira alternativa, e seleccionar a entrada “Abalar”.

3º paso

Executar a aplicación de instalación do sistema, que se atopa en: “Aplicativos > Sistema > Instalador de Snapshot-Live”.

4º paso

Seleccionar “Instalación Avanzada”:


Advertencia: No caso de dispoñer dun particionado con unha configuración de volumes lóxicos, habería que proceder a eliminalos antes de continuar.

  • Abrir terminal: Menú = “Aplicativos > Accesorios > Terminator” 
    Executar “su” e introducir o contrasinal.
    Ver Anexo Informativo para máis información con respecto a usuarios e contrasinais.

  • Executar o seguinte: 
    • vgremove --force vg_sistema 
    • pvremove --force /dev/sda5


  1

  

5º paso

Manter seleccionadas as seguintes opcións:

2

  

6º paso

Seleccionar "Gparted" para a configuración das particións:

 3

 

7º paso

Eliminar todas as particións existentes:

Para eliminar cada partición, pulsa co botón dereito sobre cada unha delas e selecciona a opción "Eliminar"

 4

Finalmente, despois de eliminar todas as particións, será necesario "Aplicar os cambios

 imaxe

  

8º paso

Crear unha nova partición.

Pulsa co botón dereito sobre o espazo libre (sen asignar) e selecciona a opción "Nova". 

 paso 8

 Manter os datos que aparecen por defecto, desta maneira utilizarase a totalidade do disco para esta nova partición.

paso 8

Aplicar os cambios e visualizar o resultado da nova partición creada. Finalmente, pechar a ventá do GParted para continuar.

paso 8

9º paso

Seleccionar a opción "Instalar GRUB no MBR do disco duro".

paso 9

10º paso

Seleccionar en que disco duro se instalará o xestor de arranque.

paso 10

11º paso

Seleccionar a partición e o formato para instalar o sistema operativo.

paso 11

A continuación aparece un resumo coa configuración que se utilizará durante a instalación. Se estamos de acordo con todas as opcións seleccionadas, nesta pantalla debemos seleccionar "Proceder coa instalación".

paso 11


12º paso

Seleccionar preferencias e inicio da instalación.

Antes de comenzar coa instalación, deberá seleccionar algunhas preferencias máis relacionadas co idioma, a configuración horaria e a área xeográfica, que se mostrarán en varias ventás consecutivas:

area xeografica


tzdata

locales

locales

Despois de seleccionar todas estas opcións, comenzará a instalación. Se todo foi ben, ao final, mostrarase unha mensaxe de fin de instalación indicando o tempo que durou o proceso.

final

No caso de que se produza algún erro durante a instalación, estes quedarán rexistrados nos logs na seguinte ubicación: /var/log/refractainstaller_errors.log


FINAL



  Maqueta Abalar Libre

Última modificación: Martes, 19 de Abril de 2022, 16:31