1. Instalación sinxela

  Instalación sinxela

Este proceso consiste na instalación do sistema operativo nunha partición que ocupa todo o disco duro.

Advertencia: Todos os datos almacenados no dispositivo serán eliminados e non poderán ser recuperados.


1º paso

Crear un USB de arranque a partir da imaxe ISO.

2º paso

Acender o computador coa opción de arranque desde USB como primeira alternativa, e seleccionar a entrada “Abalar”.

3º paso

Executar a aplicación de instalación do sistema, que se atopa en: “Aplicativos > Sistema > Instalador de Snapshot-Live”.

4º paso

Seleccionar “Instalación Simple

5º paso

Confirmar o proceso para que se inicie a instalación


Videotitorial

  
No seguinte videotitorial móstrase o proceso completo de descarga, creación dun dispositivo USB instalador e finalmente a instalación da Maqueta Abalar Libre nun ordenador, utilizando a opción de "instalación simple".

   

   

 

 

  Maqueta Abalar Libre

Última modificación: Venres, 18 de Febreiro de 2022, 12:46