Ficheiros e cartafoles

  Ficheiros e cartafoles

   

A organización dos directorios en Linux ten unha estrutura xerárquica en forma de árbore, a partir dun directorio principal ou directorio raíz (/) .

   

Comparando con sistemas Windows:

Esta estrutura é radicalmente diferente á empregada no sistema operativo Windows, por exemplo, onde a cada unidade ou partición asignábaselle unha letra do alfabeto.

A asignación das letras comenzaba polas unidades de disquete, cando os ordenadores aínda tiñan unidades de disquete. Estas unidades identificábanse coa letra "A" a primeira unidade de disquete e a letra "B" a segunda unidade de disquete (no caso de existir). 

A continuación, a partición na que se instalaba o sistema operativo (o disco duro) recibía o nome de "C", o CD/DVD normalmente "D", e as demáis particións ou dispositivos de almacenamento extraíbles identificábanse coas seguintes letras do abecedario en orden ascendente "E", "F", "G"...

   

En Linux, polo contrario, todo parte do directorio raíz que se identifica co símbolo “/“. Os directorios máis importantes son os seguintes:

 /media

Directorio que contén os puntos de montaxe dos medios extraíbles de almacenamento, tales como Pendrive (memoria USB), lector DVD/CD-ROM e/ou outras particións do disco duro. Así pois, os nosos pendrive serán accesibles desde este directorio. 

/home: 

Directorio que contén os ficheiros persoais de cada usuario (Documentos, Música, Videos, Descargas, Escritorio, etc), de xeito similar ao cartafol chamado "Os meus Documentos" de Windows. Tamén contén os ficheiros de configuración para cada usuario. Moitos destes ficheiros de configuración son ocultos, e o seu nome comeza por un punto "."

No caso da maqueta Abalar libre, e dado que o usuario por defecto é "usuario", o directorio de traballo é "/home/usuario".

Así pois, toda a información que un usuario da maqueta Abalar libre poida gardar no disco duro do equipo almacenarase neste directorio, onde o usuario "usuario" pode crear, borrar ou renomear carpetas e ficheiros. Pola mesma razón, cando queira gardar un determinado ficheiro só poderá facelo na ruta indicada. Isto supón unha diferencia substancial con sistemas Windows, onde os usuarios poden gardar ficheiros en practicamente calquera directorio do disco duro, cos conseguintes riscos de borrado e/ou renomeado de ficheiros de sistema.

Como excepción ao anterior, hai que indicar que o superusuario (administrador, root) ten un directorio propio, único e específico, nunha ruta completamente diferente ao resto dos usuarios. 

Concretamente en "/root

      

Visualizar os ficheiros e directorios en Nautilus

O sistema incorpora varias aplicacións (explorador de ficheiros) que permiten visualizar e xestionar ficheiros e directorios. Un destes exploradores de ficheiros é Nautilus. Na seguinte imaxe vemos este explorador de ficheiros mostrando o contido do cartafol do usuario.




Visualizar os ficheiros e directorios en Thunar

Outro dos exploradores de ficheiros que incorpora a maqueta Abalar libre é Thunar. Na seguinte imaxe podemos ver a visualización que mostra Thunar do mesmo cartafol do usuario mostrado anteriormente en Nautilus.



 

Visualizar os ficheiros e directorios no terminal

  

Tamén podemos visualizar os ficheiros e directorios desde o terminal de Linux, en modo texto, tecleando o comando "ls"

  


  

Na imaxe anterior podemos ver que despois de introducir o comando "ls" o sistema visualiza en pantalla os ficheiros e directorios dispoñibles na posición (ruta) na que estamos neste momento.

Na imaxe podemos apreciar que estamos situados no directorio "/home/usuario", representado polo caracter "~", e vemos que dentro deste directorio están os seguintes: "Descargas", "Documentos", "Imaxes", "Escritorio", "Vídeos", "Música".

    

NOTA: O "Escritorio" móstrase como un directorio máis, aínda que cunha imaxe diferente, onde tamén podemos almacenar ficheiros, documentos, ...etc.

    

  Educa En Dixital       

Última modificación: Mércores, 5 de Maio de 2021, 12:14