Volver a unha sesión co escritorio XFCE

  Volver a unha sesión co escritorio XFCE


Iniciar sesión en XFCE

  

Unha vez que arrancou o sistema co escritorio GNOME, o usuario pode cambiar de novo o entorno de traballo para volver a iniciar sesión co escritorio XFCE.
 

O procedemento é similar ao caso do cambio de escritorio anterior e consiste tamén en finalizar a sesión actual do usuario co escritorio GNOME para iniciar unha nova sesión do mesmo usuario co escritorio XFCE.

En primeiro lugar debemos pusar sobre o icono de "Apagar" que está situado na esquina superior dereita da pantalla, na barra de tarefas de cor negro. A continuación, no menú vertical que se desplega, debemos pulsar sobre a opción "Usuario" e despois seleccionar a opción "Saír da sesión".

   


   

O sistema pasa ao modo oscuro, onde nos mostra un recadro cunha conta atrás indicando o tempo (en segundos) que quedan para que finalice a sesión actual do usuario. Se non queremos agardar, podemos pulsar o botón "Saír da sesión" para finalizar a sesión inmediatamente.

   


   

Por último, na pantalla de inicio de nova sesión, desplegamos o menú de selección de Escritorio na parte superior dereita da pantalla e seleccionamos (facendo clic) o escritorio XFCE (Sesión de Xfce). Introducimos os datos do usuario (nome de usuario = usuario, contrasinal = usuario) e finalmente pulsamos o botón "Log in".

   





  Educa en Dixital         

Última modificación: Mércores, 5 de Maio de 2021, 12:04