Iniciar unha sesión co escritorio GNOME

  Iniciar unha sesión co escritorio GNOME


Iniciar sesión en GNOME

  

Unha vez que arrancou o sistema co escritorio por defecto XFCE, o usuario pode cambiar o entorno de traballo iniciando unha nova sesión co escritorio GNOME de forma sinxela e rápida. Básicamente o procedemento consiste en dous pasos:

  1. O usuario remata a sesión actual con XFCE
  2. O usuario inicia unha nova sesión con GNOME    

Despois de pulsar o botón "Aplicativos" e seleccionar a opción "Rematar a sesión", aparece un recadro que nos permite finalizar a sesión actual facendo clic sobre o botón "Rematar a sesión".

   

  

  

No seguinte paso o sistema pediranos que iniciemos unha nova sesión de usuario, onde os datos que debemos introducir e seleccionar serán os seguintes, no caso de que usemos o usuario por defecto do sistema:

  

 SELECCIÓN DO ESCRITORIO

Seleccionamos o novo escritorio, na esquina superior dereita da pantalla:

  • Pulsamos sobre o icono de selección de escritorio e marcamos (facendo clic) a opción GNOME


 DATOS DE USUARIO DO SISTEMA

Introducimos os datos de usuario do sistema, no recadro de login:

  • Nome de usuario = usuario
  • Contrasinal = usuario

     

    

  

Finalmente pulsamos o botón “Log in” para iniciar a nova sesión co novo entorno de escritorio.  

Cando se inicia o escritorio GNOME podemos comprobar que a barra de tarefas (TaskBar) de cor negra sitúase na parte superior da pantalla e contén o menú "Actividades".  

   

Escritorio GNOME    

Cando pulsamos sobre o menú "Actividades" comprobamos que se oscurece a pantalla e móstrase automáticamente o recadro do buscador, que nos permite escribir para localizar calquera ficheiro, cartafol ou aplicación instalada no sistema.

Ademáis, observamos tamén que no lateral esquerdo da pantalla, en vertical, móstrase o panel de iconos (Dash) que contén os lanzadores aos aplicativos de uso máis habitual. Inicialmente este panel de iconos (Dash) contén os lanzadores de Firefox, Ficheiros, OpenBoard e o botón (recadro de puntos) que da acceso a todos os demáis aplicativos instalados no sistema.

      


Escritorio GNOME (modo oscuro)

   
 


  Educa en Dixital         

Última modificación: Mércores, 5 de Maio de 2021, 12:03