Os escritorios do sistema Abalar (Linux)

  Os escritorios do sistema Abalar (Linux)


O sistema operativo Abalar (Linux Educación) incorpora 2 escritorios que poden ser seleccionados polo usuario indistintamente en cada unha das súas sesións de traballo co equipo: 

 

     

O escritorio por defecto no sistema Abalar é o escritorio XFCE, pero o usuario pode cambiar ao entorno de escritorio GNOME en calquera momento según as súas preferencias. 



Escritorio XFCE

XFCE é un entorno de escritorio bastante lixeiro e moi completo, especialmente orientado para ser utilizado por equipos de baixos recursos, xa que consume moi pouca memoria RAM. Unha das principais características e quizás a máis notable, é que este entorno de escritorio non conta con elementos superfluos ou netamente decorativos. Desta maneira, o rendemento é moito maior e a velocidade de execución do entorno visual tamén é maior, sen necesidade de consumir cantidades de memoria RAM enormes, para aproveitar mellor os recursos do sistema e optimizar o funcionamento.

    


Escritorio XFCE co menú "Aplicativos" desplegado.


Escritorio GNOME

Unha das principais características que podemos destacar deste entorno de escritorio é o seu sistema interactivo completamente intuitivo, que axuda ao usuario a traballar de maneira sinxela e rápida. O sistema de menú de Gnome é moi completo e a súa interfaz de usuario é altamente configurable, pensada para que o usuario poida adaptar o funcionamiento de Gnome ás características de hardware do seu equipo e aos seus gustos persoais.

 


Escritorio GNOME co menú "Actividades" sen desplegar.

 


  Educa en Dixital         

Última modificación: Mércores, 5 de Maio de 2021, 12:03