Componentes do posto educativo no fogar

  Componentes do posto educativo no fogar


O posto educativo no fogar está formado por un equipo informático (portátil) e un servizo de conectividade asociado proporcionado a través dun router MiFi.

  

1. Ordenador portátil 

  Ordenador ACER TravelMate Spin B3 Series



  

Dispositivo informático que permite o acceso aos contidos de Educa en Dixital

  

2. Router MiFi *

  

Dispositivo de conectividade a través do cal proporcionase o servizo de conectividade ao equipo informático, mediante a conexión a unha rede WiFi específica. 

Inclúe tarxeta SIM, insertada no dispositivo, que posibilita o acceso a internet desde calquera lugar fóra do centro educativo, durante o período que lle indicará o propio centro educativo.


( * ) MiFi: router con conexión a internet por medio dunha tarxeta SIM 3G ou 4G  ("Móbil WiFi")

    

3. Servizo de conectividade (inclúe servizo de filtrado de contidos)


O servizo de conectividade está configurado cun servizo de filtrado de contidos que só permite o acceso a internet con fins educativos.

O nome da rede WiFi asociada a este servizo de conectividade é o seguinte: “educaendigital”.   

   
 

  Educa en Dixital         

Última modificación: Xoves, 6 de Maio de 2021, 10:52