Como crear cursos adaptados para dispositivos móbiles

  Adaptar os cursos

   

Algúns consellos básicos

   

Configurar correctamente un curso para dispositivos móbiles 

 

Non todos os formatos de cursos serán axeitados para o aprendizaxe móbil, polo que antes de darlles acceso móbil (Moodle Mobile) aos alumnos ao curso da nosa Aula Virtual, debemos considerar algunhas cousas que nos poden axudar a crear cursos aptos para dispositivos móbiles:

  

  • O formato de curso máis axeitado é o formato de temas
    O formato de curso de "temas" é o máis apropiado para dispositivos móbiles. Neste formato, a primeira sección do tema seleccionado é a que se mostra por defecto na app.

  • Os bloques da Aula Virtual e os bloques dos cursos non se mostran na app
    Na app Moodle Mobile non se mostra ningún dos bloques configurados nos cursos ou na Aula Virtual, polo que debe evitarse poñer información importante nos bloques e incluso, na medida do posible, evitar o uso de bloques.

  • Usa HTML responsivo
    No caso de insertar código HTML, procura utilizar un deseño responsivo para facilitar que os contidos e as páxinas poidan lerse fácilmente en calquera dispositivo móbil.

  • As actividades de arrastrar e soltar compórtanse de forma diferente na app
    Debes ter en conta que as preguntas de arrastrar e soltar funcionan de forma diferente en Moodle Mobile. Na app non se pode arrastrar imaxes, é necesario tocar a imaxe para seleccionala e tocala por segunda vez para soltala.

  • Utiliza recursos de tipo "Páxina" en lugar de documentos descargables
    Sempre que sexa posible, utiliza o tipo de contido "Páxina" nos teus cursos da Aula Virtual porque este é o tipo de contido que mellor se adapta a calquera dispositivo móbil e ademáis pode ser sincronizado fácilmente.

  • Evita sobrecargar o curso da Aula Virtual con numerosos documentos descargables
    Debes lembrar que os dispositivos móbiles teñen unha pantalla máis pequena que un ordenador, polo que obligar ao alumno a realizar moitas descargas de documentos inflúe negativamente na experiencia do usuario.

  • As imaxes incluídas nos contidos non deben ter un tamaño excesivo
    Unha imaxe con moitos píxeles consume moito ancho de banda, polo que as imaxes con moita resolución poden relentizar o funcionamento do curso nos dispositivos móbiles. Tamén resulta moi recomendable facer que as imaxes sexan responsivas, para que se escalen automáticamente nas pantallas móbiles.

  • Evita, na medida do posible, incluír nos cursos enlaces a sitios externos á Aula Virtual
    Desta maneira, os alumnos non se verán obligados a abrir os enlaces co navegador do móbil e poderán visualizar todos os contidos desde a propia app Moodle Mobile.

  • Lembra que non todos os formatos de vídeo son compatibles coa app Moodle Mobile
    Neste sentido, o formato MP4 é o formato máis axeitado e o máis amplamente soportado por todos os sistemas operativos móbiles. En calquera caso, sempre debes evitar usar Flash ou FLV.

  • Evita usar ventanas emerxentes para abrir contidos do curso
    O uso de ventanas emerxentes non funciona correctamente na app Moodle Mobile, polo que debes evitar o seu uso nos teus cursos.

 

 

 

   


  Mobile Learning       

Última modificación: Xoves, 21 de Xaneiro de 2021, 19:23