2.1 Carga de tipo manual

  Carga de tipo manual

EDIXGAL

Carga manual dos equipos

No caixón superior, protexido por pechadura, atopamos o panel de operación do sistema (programador) que inclúe varios botóns con diferentes funcionalidades.


Para iniciar a carga manual (non programada) debemos pulsar sobre o botón verde identificado como "START".
Ao pulsar o botón "START" o armario de carga inicia o proceso de carga dos equipos de forma inmediata, durante 4 horas contínuas, que son as horas de carga programadas por defecto.
No caso de ser necesario, pode deterse a carga manual antes de que remate pulsando o botón vermello identificado como "STOP".
  
Botón "START" para iniciar a carga manual
 
Botón "STOP" para deter a carga manual


Indicadores luminosos da parte superior   

Podemos comprobar que a carga está activada, cando está iluminado o piloto de cor amarela (laranxa)  situado na parte superior do armario de carga. Cando está iluminado o piloto de cor verde   indica que o armario de carga está conectado á rede eléctrica e no estado de espera entre os periodos de carga.

     


   

Como sistema de seguridade adicional, todos os armarios de carga inclúen un pulsador (seta) de parada de emerxencia  de maneira que ante calquera anomalía detectada, o usuario pode deter todos os procesos en marcha e desactivar a alimentación eléctrica do armario de carga de forma inmediata e instantánea.

   



EDIXGAL
Última modificación: Xoves, 5 de Decembro de 2019, 19:24