2.2 Carga automática programada
Carga automática programada
|
Carga automática dos equipos
Ao contrario que a carga manual, na que o propio usuario debe iniciar a carga pulsando un botón, a carga automática iníciase cando chega a hora configurada para o inicio da mesma.
Como xa indicamos noutro apartado, a programación de carga xa está configurada de fábrica polo que non será necesario configurar nada, pero en calquera caso recomendamos consultar o manual que se entrega con cada un dos modelos de armarios de carga, para ver o funcionamento do programador.
Seta de seguridade
Para maior seguridade, o sistema incorpora na parte superior un pulsador de emerxencia (estilo seta) de cor vermella. Cando o usuario pulsa esta "seta" córtase de forma inmediata a alimentación eléctrica para todo o sistema.
Despois de accionar este pulsador, a "seta" queda enclavada na posición de pulsada para evitar que se restableza accidentalmente a alimentación eléctrica, ata que se solucione o problema que provocou a parada de emerxencia.