O encerado dixital interactivo.

O encerado interactivo, tamén denominado a encerado dixital, consiste nun ordenador conectado a un vídeo proxector, que amosa o sinal do ordenador sobre unha superficie lisa e ríxida, sensible ao tacto, dende a que se pode controlar o ordenador, facer anotacións manuscritas sobre calquera imaxe proxectada, así como tamén, gardalas, imprimilas, envialas por correo electrónico e exportalas en diversos formatos.

Pizarra Digital Interactiva

Imaxe extraída de http://dewey.uab.es/pmarques/guia.htm

Documentación relativa ós EDI dos modelos corporativos:

O encerado Smart Board 680V é o  modelo maioritario nas aulas abalar ; sen embargo nos últimos anos teñen chegados novas marcas de encerados ás aulas de Galicia.

A partir da maqueta abalar v5.0 ( ano 15-16), retírase o driver privativo de Smart polo driver libre para EDIs , coas seguintes consecuencias:

  • O encerado segue a funcionar perfectamente como interactiva-
  • O led chisca verde . ( isto significa que o Encerado, aínda que funcione, identifica que o driver non é o da súa empresa).
  • Non dispoñemos dos panel cos bolígrafos que figuraba nos laterais; agora para conseguir este efecto ( "capa de tinta") debemos executar o software de Open Sankoré
  • Non funcionan as bandexas inferiores de rotuladores, ( nos modelos que dispoñían delas). 

O motivo deste cambio esta totalmente xustificado pois xa temos nos centros  encerados de marcas non Smart.

Na aula aberta abalar , no curso chamado " Encerados dixitais. MultiCLASS, Smart e IQ-Board" atópase toda a información e documentación de todos os encerados corporativos. Consulta o modelo que dispoñes na túa aula para poder filtrar a información.

indice aula aberta

Última modificación: Xoves, 6 de Outubro de 2016, 12:05