Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2023/2024

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2023/2024 [1]

Enviado por administrador a Lun, 16/01/2023 - 08:02
Gallego

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 16 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitude abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ [2])

Normativa de aplicación:

  • Orde do 21 de outubro de 2022 [3] pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

  • Corrección de erros [4]. Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro [5], polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

File: 

PDF icon Anexo I [6]
PDF icon Anuncio do sorteo público anual do número para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado no curso 2023/2024 [7]
PDF icon Resolución do 23 de febreiro de 2023 pola que se fai público o resultado do sorteo [8]
Información xeral [9]
Programas e plans [10]
Escolarización [11]
Educación infantil [12]
Educación primaria [13]
Educación secundaria obrigatoria [14]
Bacharelato [15]
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos [16]
Subdirección Xeral de Centros [17]
Servizo de Centros [18]
Alumnado [19]
Familias [20]
Centros [21]
Boletín [22]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38867

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38867
[2] https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
[3] https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html
[4] https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230314/AnuncioG0655-080323-0002_gl.html
[5] https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html
[6] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ed550a-g_3.pdf
[7] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/01_anuncio_sorteo_anual_admision_2023_24.pdf
[8] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/03_resolucion_resultado_sorteo_admision_2023_24.pdf
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/123
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/133
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/227
[12] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/81
[13] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/82
[14] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/83
[15] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/84
[16] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/9
[17] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/54
[18] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/55
[19] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado
[20] https://www.edu.xunta.gal/portal/familias
[21] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros
[22] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613