O2102034 Actualización normativa para a atención á diversidade [1]
Enviado por portalcfrourense a Mar, 01/02/2022 - 11:31Código do curso: O2102034
Título: Actualización normativa para a atención á diversidade
Modalidade: presencial no CFR de Ourense
Data límite de inscrición: 20 de febreiro de 2022
Horas presenciais: 8 Horas non presenciais: - Horas totais: 8
Prazas: 20
Temporalización e horario: 16 e 23 de marzo de 17 a 20 horas e 30 de marzo de 17 a 19 horas.
Destinatarios: todas as ensinanzas.
Obxectivos:
- Analizar as novidades normativas relacionadas coa atención á diversidade.
- Reflexionar sobre as implicacións desta normativa para mellorar a inclusión no centro e na aula.
- Contextualizar os aspectos fundamentais da normativa relacionada coa atención á diversidade á realidade dos centros.
Contidos:
- Actualización normativa en relación á atención á diversidade.
- Implicación da normativa na organización do centro.
- A atención á diversidade na aula: novas perspectivas.
Relator: Manuel Trigás Verdini e Elena Urtiaga Estévez, do servizo de inspección educativa de A Coruña.
Asesora responsable da actividade: Rebeca Muñoz González (cfr.ourense.organizacionediversidade@edu.xunta.gal [2])
