Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, convocatoria para o exercicio 2022 [1]
Enviado por administrador a Lun, 31/01/2022 - 10:31Programa: Axudas de apoio á etapa predoutoral
Data de publicación DOG: 31.01.2022
Código do procedemento: ED481A
Prazo de presentación de solicitudes: Do 1 de febreiro de 2022 ao 28 de febreiro de 2022
Cal é o obxecto destas axudas?
A contratación de persoal nas súas etapas iniciais constitúe a base para que, mediante procesos formativos estables, se adquiran as habilidades propias do persoal investigador, e ademais permite lograr que o sistema alcance unha dimensión dos seus recursos humanos de investigación comparable a outros países europeos.
Novidades desta convocatoria:
-
Aumenta a duración destas axudas a catro anos. Durante este cuarto ano da axuda, poderase proseguir coa actividade predoutoral; ou ben, no caso de que se lea a tese durante o terceiro ano da axuda, o contrato vixente poderase transformar nun contrato de capacitación para a formación posdoutoral.
-
A selección das persoas candidatas farase en dúas fases e non se esixirá o requisito de estar matriculado nun programa de doutoramento; agora ben, nas respectivas solicitudes deberá existir un compromiso de matriculación da persoa candidata nun programa de doutoramento dunha universidade do Sistema Universitario de Galicia; ademais, con cargo a esta convocatoria finánciase a matrícula de doutoramento das persoas seleccionadas.
Quen pode solicitar estas axudas?
-
A Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Universidade financia as universidades do Sistema Universitario de Galicia (en adiante, SUG).
-
A Axencia Galega de Innovación financia ás entidades alleas ao SUG: organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia.
Tipo e intensidade da axuda:
-
Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
-
Tipo de axuda: axuda a fondo perdido
-
Intensidade da axuda: 100 %
-
Duración das axudas: un máximo de 4 anos
-
Orzamento total: 11.424.000,00 euros (a achega por parte da Axencia Galega de Innovación será de 1.344.000,00 euros)
Número e importe das axudas
-
Poderanse conceder un máximo de 102 axudas: 90 para as universidades do SUG e 12 para as demais entidades.
-
O importe máximo de cada axuda é de:
-
24.000 € anuais durante os tres primeiros anos de contrato
-
29.000 € durante o cuarto ano
-
30.000 € no caso de que a persoa candidata acceda ao contrato de capacitación para a formación posdoutoral
Estes importes só poderán ir destinados ao financiamento dos contratos das persoas seleccionadas, incluíndo os seus custos sociais.
-
As estadías no estranxeiro de tres meses de duración terán un importe máximo de 6.000 €, en función do destino da estadía, de acordo coa seguinte distribución:
-
Zona 1: 2.000 €, se a estadía se realiza en Portugal ou Andorra.
-
Zona 2: 4.000 €, se a estadía se realiza en Europa (agás Portugal e Andorra), África ou América (agás EUA e Canadá).
-
Zona 3: 6.000 €, se a estadía se realiza en EUA, Canadá, Asia ou Oceanía.
-
Establécese un complemento de 1.000 € anuais por axuda para cubrir os gastos asociados á contratación e para o seguro durante o período de estadía.
A onde acudir?
Para solicitudes presentadas por universidades do Sistema Universitario de Galicia:
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE
SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES
SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA UNIVERSITARIA
SERVIZO DE PLANIFICACIÓN E ESTRUTURACIÓN DA INVESTIGACIÓN
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881995152 / 881995157 Fax: 881999135
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal [2]
Información web: http://www.edu.xunta.gal [3]
Para solicitudes dos organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia e centros do CSIC radicados en Galicia:
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
Rúa Airas Nunes, s/n
15702 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881999213 / 981543991
Email: axudas-rrhh-xestion.gain@xunta.gal [4]
Información web: http://gain.xunta.gal [5]
File: