Concurso de Coñecementos Financeiros [1]
Enviado por boletin a Xov, 05/04/2018 - 14:12Concurso de Coñecementos Financeiros para os centros inscritos no Programa de Educación Financeira [2]. A inscrición ao devandito Programa realízase a través do seguinte formulario online [3].
O Concurso consistirá en dúas fases:
- Fase online: do 7 ao 18 de maio, a través dun test de coñecementos (Reto FxM)
- Fase presencial: semifinais e a final.
O lugar de celebración das semifinais, dependerá da localización dos centros que pasen á devandita fase e a final será o día 1 de outubro en Madrid, que coincidirá coa celebración do Día da Educación Financeira.
O prazo de inscrición finaliza o próximo 20 de abril.
File:
Tema:
Sección: