Obradoiro para a solicitude de proxectos europeos de mobilidade KA1 [1]
Enviado por boletin a Ven, 15/12/2017 - 11:27A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, con motivo da convocatoria de Programas Europeos Erasmus+ 2018, organiza un obradoiro sobre proxectos de mobilidade de KA1 para centros educativos de educación infantil, primaria e secundaria como tamén para centros de educación de adultos (EEOO.II, as EPA, etc).
A xornada terá lugar o 12 de xaneiro de 2018 no CIFP Compostela (Lamas de Abade, s/n-15781, Santiago de Compostela), en horario de 9:30 h. a 14:00h.
Todos os centros educativos terán de prazo ata o 10 de xaneiro de 2018 para inscribirse.
Tema:
Sección: