Concurso de programación: "Rapaciñ@s" [1]
Enviado por boletin a Ven, 06/05/2016 - 11:361. Quen o organiza?
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) en colaboración coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), co obxectivo de promover o achegamento dos máis novos ás ferramentas tecnolóxicas.
2. A quen vai dirixido?
Ao alumnado de entre 10 e 14 anos de idade matriculado nos centros de ensino de Galicia.
3. Cal é a temática?
O Día das Letras Galegas.
4. En que consiste o proxecto?
No desenvolvemento dunha historia relacionada co Día das Letras Galegas, utilizando a ferramenta Scratch (https://scratch.mit.edu [2]) e en formato story telling.
5. Como presentarse?
Formando un grupo mixto de entre 6 e 8 alumnos e alumnas e un docente. Os grupos deberán estar compostos por alumnado do mesmo centro . Cada centro pode presentar varios proxectos. Cada alumno/a só pode pertencer a un grupo e proxecto.
6. Onde enviar os proxectos?
A info@cpeig.gal [3], onde tamén se pode facer calquera consulta con respecto ao concurso.
7. Cando remata o prazo de presentación?
O xoves 12 de maio ás 23.00 horas.
Tema:
Colectivo:
Sección: