Convocatoria do Premio Europeo Carlomagno da Xuventude 2016 [1]
Enviado por boletin a Mar, 22/12/2015 - 13:04Está aberta a convocatoria do Premio Europeo Carlomagno da Xuventude para o próximo ano 2016. Este premio, que está xa na súa novena edición, concédese á mozos que teñan desenvolvido proxectos que fomentan o entendemento entre os cidadáns dos distintos países europeos. O prazo de presentación é o 25 de xaneiro de 2016.
O Premio Europeo Carlomagno da Xuventude organízano conxuntamente o Parlamento Europeo e a Fundación Premio Internacional Carlomagno de Aquisgrán e concédese anualmente a proxectos realizados por mozos de entre 16 e 30 anos.
Os proxectos galardoados deben servir de modelo aos mozos que viven en Europa e ofrecer exemplos prácticos de europeos que conviven como unha soa comunidade.
O tres proxectos gañadores premiaranse con 5 000 euros, 3 000 euros e 2 000 euros, respectivamente. Invitarase aos seus representantes a visitar o Parlamento Europeo en Bruxelas ou Estrasburgo en outono de 2016.
Invitarase tamén aos 28 representantes dos proxectos gañadores nacionais á cerimonia de entrega do Premio Europeo Carlomagno da Xuventude e á cerimonia de entrega do Premio Internacional Carlomagno na cidade de Aquisgrán dous días máis tarde, durante unha viaxe de 4 días a Aquisgrán en maio de 2016.
Contactos:
- Contacto de prensa: Constanze Beckerhoff - constanze.beckerhoff@europarl.europa.eu [2] - Tel. 32 2-2844302 – 0032 498-983550
- Consultas xerais: ECYP2016@europarl.europa.eu [3]
- Twitter: @EUYouthPrize, con el hastag #ECYP2016
- Páxina web do Premio Europeo Carlomagno da Xuventude [4]
- Fundación Premio Internacional Carlomagno de Aquisgrán [5]
- http://www.europarl.es/es/juventud/carlomagno_2016.html [6]
Tema:
Colectivo:
Sección: