Servizos da Rede

Mobilidade

O programa Erasmus + enmárcase na estratexia Europa 2020 e engloba todas as iniciativas de educación, formación, xuventude e deporte. Abarca o período 2014-2020 e entrou en vigor o día 1 de xaneiro de 2014.

Erasmus + diríxese ao alumnado de ciclos formativos de grao medio, dentro da acción KA102, e ao alumnado de ciclos formativos de grao superior, na acción KA103.

Este programa céntrase na aprendizaxe formal e informal cunha clara vocación de internacionalización co obxectivo de mellorar as capacidades educativas e formativas das persoas, para favorecer a empregabilidade de estudantes, profesorado e traballadores e traballadoras.