Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Próxima publicación da Orde de convocatoria 2020
Xúntase o borrador da Orde pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2020.
Prazos de presentación de solicitudes:
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 2 e 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 10 e 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos.
Máis información:
Etiquetas: